xoves, 23 de setembro de 2021

HORARIO DE PSICOMOTRICIDADE

 

O horario de Psicomotricidade modificouse con respecto ao 1º documento informativo , queda do seguinte xeito:

  • 4º E. INFANTIL : Martes 9:00h-9:45h
  • 5º E. INFANTIL : Luns 9:00h-9:45h
  • 6º E. INFANTIL : Luns 9:00h-9:45h

mércores, 22 de setembro de 2021

Chegou o outono a 6º de Infantil

 

A estación do outono escomenzou e o alumnado de 6º de Infantil foron visitar o entorno para descubrir como están as árbores a comezo da estación.

Mirade como disfrutaron.


RUTINAS EN 6º DE INFANTIL

 

O entrar no colexio o noso alumnado de 6º de Infantil realiza unha serie de rutinas:

 . Poñer o mandilón

. Cambiar a data

. O tempo

. O encargado do día

. Asamblea

Como unha imaxe vale mais que mil  palabras deixámosvos uns videos superinteresantes



martes, 21 de setembro de 2021

OS CATIVOS DE 4º DE INFANTIL VEÑEN POR PRIMEIRA VEZ AO COLE

 

Choros, risas, nervios de última hora tanto por parte dos nenos como das familias, pero mirade que contentos están pasados unhos minutos.



luns, 20 de setembro de 2021

O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL VOLVE AO COLE

 Ilusionados, sorprendidos, contentos chegaron os alumnos de 6º de infantil coas súas mochilas cargadas de lembranzas.

Mirade como os recibiu o colexio co mural de benvida.





martes, 7 de setembro de 2021

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

 

Deixamos unhas fotos con pequenas pinceladas informativas. O documento será colgado na páxina web do centro cpi.josegarcia.ourense@edu.xunta.es










                                       BENVIDOS, AO CURSO ESCOLAR 2021/22


Ola a todos!

O día 9 escomenzamos de novo unha andaina xuntos.

Vamos a compartir xogos, cancións, risas , merendas, travesuras , traballo, e algunhas veces " doces sonos". Algunha bágoa tamén haberá.

Ao comenzar custa un pouquiño , pero cando vexamos que o pasamos moi ben esquecerasenos todo.

Necesitaremos tempo para coñecernos mellor, para entendernos sen palabras, para ler nos ollos como nos sentimos, para sentirnos seguros  e disfrutar cos nosos amigos, ainda que as veces teñamos que compartir os nosos xoguetes preferidos.

Xuntos iremos construindo a confianza que nos fará sentir superben.

Necesitamos que vós familias teñades en conta :

- Valorar o traballo dos vosos fillos en educación infantil

- Transmitirlles valores como:

. Ser responsables e respectuosos

. Respectar as normas ou pautas de convivencia que se establezan na aula e no cole.

É moi importante que colaboredes co colexio e co profesorado para disfrutar todos das distintas experiencias que levaremos a cabo durante o curso.

Familias, grazas por saber comprender, valorar ......

Esperamos que esta andaina  sexa satisfactoria para todos.

BENVIDOS


CHEGOU XUÑO E CON EL , MÁIS EXCURSIÓNS E GRADUACIÓNS .  DESTA VEZ PARA REMATAR O CURSO FOMOS Ó XARDÍN BOTÁNICO E DRAGONENOS.                ...