martes, 7 de setembro de 2021

                                       BENVIDOS, AO CURSO ESCOLAR 2021/22


Ola a todos!

O día 9 escomenzamos de novo unha andaina xuntos.

Vamos a compartir xogos, cancións, risas , merendas, travesuras , traballo, e algunhas veces " doces sonos". Algunha bágoa tamén haberá.

Ao comenzar custa un pouquiño , pero cando vexamos que o pasamos moi ben esquecerasenos todo.

Necesitaremos tempo para coñecernos mellor, para entendernos sen palabras, para ler nos ollos como nos sentimos, para sentirnos seguros  e disfrutar cos nosos amigos, ainda que as veces teñamos que compartir os nosos xoguetes preferidos.

Xuntos iremos construindo a confianza que nos fará sentir superben.

Necesitamos que vós familias teñades en conta :

- Valorar o traballo dos vosos fillos en educación infantil

- Transmitirlles valores como:

. Ser responsables e respectuosos

. Respectar as normas ou pautas de convivencia que se establezan na aula e no cole.

É moi importante que colaboredes co colexio e co profesorado para disfrutar todos das distintas experiencias que levaremos a cabo durante o curso.

Familias, grazas por saber comprender, valorar ......

Esperamos que esta andaina  sexa satisfactoria para todos.

BENVIDOS


Ningún comentario:

Publicar un comentario

CHEGOU XUÑO E CON EL , MÁIS EXCURSIÓNS E GRADUACIÓNS .  DESTA VEZ PARA REMATAR O CURSO FOMOS Ó XARDÍN BOTÁNICO E DRAGONENOS.                ...