luns, 6 de xuño de 2022

ACEITE DE LAVANDA

 

As nenas e nenos da clase de 4º de E.I. temos moita curiosidade por unhas flores que a mestra nos trouxo a clase. Cheiran moi ben e tamén descubrimos que, ademáis de para facer ramos, tamén serven para aplicar na pel, en aceite e...

Puxémonos mans á obra!!!

Primeiro temos que separar as flores dos talos, posteriormente metémolas en tarros de vidro e cubrimos con aceite vexetal. Pechamos a tapa moi forte e

 ¡A esperar!

Deixaremos os botes pechados durante moitos días, faCendo algo que nos custa pronunciar -MACERAR- pero que pouco a pouco aprenderemos, ao igual que a practicar a paciencia para non abrir os botes e esperar que o noso aceite esté preparado para poder usalo cando temos algunha "pupa".








Ningún comentario:

Publicar un comentario

CHEGOU XUÑO E CON EL , MÁIS EXCURSIÓNS E GRADUACIÓNS .  DESTA VEZ PARA REMATAR O CURSO FOMOS Ó XARDÍN BOTÁNICO E DRAGONENOS.                ...